O explorador de Miño Sechu López participa na expedición polar Mar de Hielo 2025

O Concello de Miño reafirman o seu apoio á expedición polar Mar de Hielo 2025, unha das aventuras de exploración máis desafiantes dos últimos anos, na que participa o explorador local Sechu López. Esta expedición levará a un grupo de aventureros a atravesar, en total autonomía, o Ramal Sur do Paso do Noroeste no Ártico canadiense, esquiando sobre o mar helado en condicións climáticas extremas.
Sechu López, veciño de Miño e experiente aventurero, é un dos tres membros desta expedición que reivindicará a historia das grandes exploracións polares, ademais de poñer en valor a cultura inuit e sensibilizar sobre o impacto do cambio climático nesta zona do planeta. O reto, que conta co aval da Sociedade Xeográfica Española, representa un importante fito para a exploración europea no Ártico, seguindo as rutas de exploradores lendarios como John Franklin e Roald Amundsen.
José Manuel Pantín, concelleiro de Deportes do Concello de Miño, destacou a importancia de contar cun deportista e explorador como Sechu López: "É un orgullo para Miño contar cunha persoa de tan alta talla. A súa participación nesta expedición reflicte o espírito de superación e valentía que queremos fomentar na nosa comunidade". O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, tamén se uniu ao recoñecemento, destacando a importancia deste apoio institucional.
A expedición Mar de Hielo 2025 tamén terá un enfoque divulgativo, co obxectivo de achegar coñecementos sobre a historia da exploración polar e o impacto do aquecemento global nas rexións árticas. Os expedicionarios documentarán a súa travesía a través de imaxes e grabacións que serán presentadas en exposicións e conferencias, achegando así esta experiencia ao público.