“O estigma dos trastornos da conducta alimentaria está moi arraigado no noso país"
Miriam García
Nos últimos anos os Trastornos da Conducta Alimentaria (TCA) atópanse á alza entre o conxunto a sociedade galega. Os TCA, como a anorexia, bulimia ou o trastorno por atracón son enfermedades mentaus graves que poden ter consecuezas devastadoras para a sáude física e mental das personas que os padecen.
Por iso, a existencia de entidades e asociacións que axuden a visibilizar e tomar conciencia do problema é máis necesaria que nunca. Este é o caso da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC) unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública e que dende fai 27 anos trata a pacientes con trastornos da conducta alimentaria e brinda opio aos seus familiares. “Proporcionamos tratamento íntegro. Non somos soamente unha asociación de pacientes, senón que proporcionamos o tratamento necesario para curarse da enfermidade”, explica Fátima Fernández, directora de ABAC, cuxa sede está situada no barrio coruñés das Flores.
“O noso groso principal é o tratamento multidisciplinar que está composto de psicólogos, psiquiatras, dietistas e nutricionistas. Logo temos actividades complementarias levadas ao cabo por unha educadora social e un licenzado en INEF que avoga pola recuperación física funcional dos pacientes”, conta Fátima con respecto á actividade ABAC en canto aos pacientes e familiares. “As familias participan moitas veces de forma directa ou indirecta nos tratamentos”, engade a directora. Tamén dende a asociación desenvolven unha labor divulgativa e investigadora da enfermidade: “Contamos cun programa de prevención destinado a colexios, institutos e centros sanitarios nos que impartimos charlas e obradoiros”. Xunto a que atópanse desenvolvendo unha tese doutoral sobre trastornos alimenticios. Todo co obxectivo de reivindicar os dereitos e as necesidades dos pacientes con trastornos da conducta alimentaria.
Para ABAC o 2023 foi un ano “un pouco caótico” no sentido de que o número de peticións de ingresos no seu centro se incrementou considerablemente ata o punto de ter lista de espera. “Agora xa se reduciu un pouco, pero está a ter un comportamento cíclico”, apunta Fátima Pérez, xunto a que levan facendo un chamamento ás administracións públicas dende a Pandemia para que lles doten dun local novo máis grande que lles permita contratar máis persoas e ter un maior número de pacientes. “É o noso principal obxectivo nestes momentos, que ninguén se quede sen a atención necesaria para superar a enfermidade”, destaca a directora.
Unha enfermidade estigmatizada
A xestora explica que descoñecen as causas reais deste repunte no número de pacientes, pero recoñece que cada vez se empeza a ter unha maior sensibilidade con respecto aos trastornos da conducta alimentaria en España e iso pode levar a pedir axuda. “O estigma da saúde mental no noso país está moi arraigado e o dos trastornos da conducta alimentaria tamén. A xente ten moito medo a dicirlle ao seu entorno o que lle está a pasar por temor a que lles poñan unha etiqueta e que confunda á persoa coa enfermidade”, explica a profesional da saúde.
Ademais, destaca que estas persoas adoitan sentirse moi incomprendidas porque a xente do seu entorno non entenden o calavario polo que están a pasar: “E claro cando un está enfermo, non o está porque queira e parece que se rodean de xente que cre que están así por decisión propia. Isto para nos é unha das características máis dramáticas destas enfermidades, pois aparte de atoparse mal fisicamente e psicoloxicamente o paciente sinte a incomprensión da súa xente e a falta de empatía e de axuda externa”, engade. O que leva a que a xente non manifeste as súas enfermidades no seu entorno cercan.
Doutra banda “na asociación velamos polo anonimato dos pacientes e non amosamos nunca nin fotos nin os seus nomes á xente de fora. Levamos 27 anos funcionando e os nosos socios van desaparecendo moitos como casos de éxito e non volvemos a saber deles”, explica Fátima Pérez. “Eu creo que acontece un pouco porque cren que así se esquece o que pasou durante ese capítulo das súas vidas e non se significa a unha persoa”, conclúe a directora do centro.