O espectáculo en directo de 'Pepe y Lucas. Dentro y fuera' aterriza en Sada o 8 de febreiro

A Concellería de Cultura de Sada programa para o domingo 8 de febreiro unha nova proposta escénica no Auditorio da Casa da Cultura. Trátase do show en vivo 'Pepe y Lucas. Dentro y fuera', incluído na programación de espectáculos de AGADIC, co que os creadores galegos buscan trasladar ao teatro o seu éxito nas redes.
Pepe e Lucas, dous irmáns que gañaron popularidade en TikTok grazas ao seu humor e á súa creatividade, chegan ao municipio cun formato pensado para o directo e para a interacción co público. Con máis de 1,8 millóns de seguidores, o seu contido destaca por un estilo próximo e fresco, moi marcado pola súa infancia nunha aldea galega, unha referencia que tamén forma parte do seu universo cómico.
A función comezará ás 19.00 horas e as entradas terán un prezo de 5 euros. A venda xa está aberta a través da canle municipal habilitada para a reserva de butacas.