O Espazo Xuvenil de Metrosidero fará un curso de iniciación ao parkour

ACoruñaXa
O Concello da Coruña promove a práctica de parkour na mocidade cun curso gratuíto de iniciación no Espazo Xuvenil Municipal do Metrosidero.
Curso parkour Coruña
19 Xan 2024

O Concello da Coruña promove a práctica de parkour na mocidade cun curso gratuíto de iniciación no Espazo Xuvenil Municipal do Metrosidero. A formación, que conta con 15 prazas para mozos e mozas d entre 12 e 30 anos, comeza este venres 19 de xaneiro e terá lugar todos os venres das 17.00 horas ata as 19.00 horas ate o 1 de marzo.

A formación será impartido por Motion Academy e consistirá nunha primeira toma de contacto para aquelas persoas que queiran comezar a práctica do parkour. As citas terán lugar na Nave nº2 do complexo xuvenil, a cal foi concibida dende o seu inicio como espazo adaptado para a práctica de deportes urbanos e que conta cunha pista de skate, un rocódromo e un espazo de parkour. O obxectivo do Concello é dar un espazo cuberto así como poder ofertar formación en diferentes deportes.

A inscrición pode facerse de forma gratuíta nas propias naves durante o seu horario de apertura (de 11.00 horas a 14.00 e de 17.00 horas a 20.00 horas de luns a domingo), ata esgotar as prazas dispoñibles. Ademais dos requisitos formais de inscrición, os menores de idade deberán achegar unha autorización que pode descargarse na web municipal de mocidade. Os cidadáns que o desexen poden solicitar máis información na oficina de Información Xuvenil na Nave nº3 ou a través do teléfono/whatsapp 606 362 366.

0.12984108924866