O Espazo Portas Ártabras ofrece o xoves unha conferencia sobre as singularidades do Entroido galego

ACoruñaXa
O evento organizado pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia dará comezo ás 20.00 horas e será conducido polo historiador da Cultura Galega, Felipe Senén.
Cartel da conferencia Felipe Senén sobre o Entroido
14 Feb 2024

O xoves 15 de febreiro o Espazo de Portas Ártabras dos Amigos dos Museos de Galicia ofrecerá unha charla sobre as 'Orixes e orixinalidade do Entroido en Galicia'. O evento dará comezo ás 20.00 horas e será conducido polo historiador da Cultura Galega, Felipe Senén.

Durante a conferencia tratáranse temas como: as variedades e competencia de máscaras e folións sometidos ao ritual dunha corentena. E o reinado da cor, dos sons, dos cantos, da fartura presidida polo porco… da liberdade creativa. Tamén se fálaran dos personaxes máis míticos do Entroido galego: os Felos, os Cigarróns, as Pantallas, os Boteiros, os Volantes, as Maragatos, os Rodos, os Galáns, as Madamas, os Choqueiros e as Mascaritas da borralla, entre outros.
0.15255093574524