O Espazo Portas Ártabras ofrece o xoves a presentación do libro 'Fragor do urdido'


O libro 'Fragor do urdido' é unha intervención poética sobre un tempo confinado, o da pandemia por Covid-19. Cincuenta poemas sen ningunha marca de autoría, que harmonizan nesta edición bilingüe dúas das voces mellor consideradas da poesía galega.
Ao remate do acto propoñeremos cantar xuntos “Grándola Vila Morena”. A entrada ao evento é libre ata completar aforo.