O Espazo Municipal Ecolóxico de Monticaño ofrece un taller para aprender a facer vinagres crús e naturais

Aínda hai prazas dispoñibles para participar no taller de vinagres crús e naturais que se desenvolverá no Espazo Municipal Ecolóxico de Arteixo, no parque de Monticaño. Trátase dun obradoiro pensado para achegarse ao mundo dos vinagres sen pasteurizar e feitos de maneira artesanal, cun enfoque práctico para aprender a elaboralos na casa dun xeito sinxelo.
A sesión está dirixida a persoas afeccionadas á cociña e non require experiencia previa, xa que se trata dun nivel de iniciación. Durante a xornada, as persoas asistentes coñecerán distintas aplicacións dos vinagres no día a día e a actividade pecharase cunha degustación.
O taller será impartido por Soledad Saburido e celebrarase o sábado 20 de decembro, en horario de 09.30 a 14.30 h, cunha duración total de cinco horas. O prezo é de 25 euros para persoas empadroadas en Arteixo e tamén para clientes de SUMARTE, biciArteixo e asimilados (material incluído). Para a inscrición xeral, o custo ascende a 35 euros, tamén con material incluído.
As inscricións e a información poden solicitarse no correo cursoseme@sumarte.gal ou nos teléfonos 698 193 000 e 604 012 930.