O espazo de Portas Ártabras proxecta este xoves un documental sobre o Cáliz de dona Urraca

ACoruñaXa
Trátase dunha peza romana de ónix, revestida en ourivaría románica e doada á señora de Zamora e filla do rei Fernando I de León
Imaxe do cartel da proxección dun documental sobre o Cáliz de dona Urraca
26 Jun 2024

Este xoves 27 de xuño, o espazo de Amigos dos Museos de Galicia en en Portas Ártabras acolle a proxección dun documental sobre o Cáliz de dona Urraca, unha peza romana de ónix, revestida en ourivaría románica e doada á señora de Zamora e filla do rei Fernando I de León. Na actualidade atractiva peza no museo da colexiata de San Isidoro de León.

En Galicia existen lendas arredor do Graal, como a do Cebreiro… mesmo os antigos armoriais deste vello reino identifícanno cun cáliz, entendido como a cristianización dunha antiga cunca céltica…

O evento dará comezo ás 20.00 horas e a entrada será libre ata completar aforo.

 

 

 

O Cáliz de dona Urraca en Portas Ártabras
0.16280198097229