O espazo de Portas Ártabras ofrece esta semana un curso de 'Como se visita un museo'

ACoruñaXa
Ao longo desta semana, do luns 18 ao xoves 21 de marzo a Asociación Amigos dos Museos de Galicia organiza o seu tradicional curso 'Como se visita un Museo' no seu espazo en Portas Ártabras
Imaxe do Museo da Casa das Ciencias na Coruña
18 Mar 2024

Ao longo desta semana, do luns 18 ao xoves 21 de marzo a Asociación Amigos dos Museos de Galicia organiza o seu tradicional curso 'Como se visita un Museo' no seu espazo en Portas Ártabras, Sinagoga 22 (Tras da Colexiata, Cidade Vella).

A formación consiste nunha parte teórica e noutra práctica. Durante ela, analizaranse os tipos de museos, o seu estado da cuestión en Galicia, asi como en relación con outros.

Tamén ofreceranse un tipo de recomendacións, tanto para a visita individual como colectiva a cada tipo de museo.

O martes 19 de marzo, ás 20.00 horas o museólogo e arqueológo Felipe Senén impartirá a conferencia 'Arredor do estado da cuestión dos Museos': repaso do pasado, presente e futuro dos museos galegos en relación con outros, especialmente británicos.

Asimesmo, nalizaranse obras de arte, artefactos, tratando de contextualizalos e de xeito especial a obra de dous creadores galegos homenaxeados neste 2024: a do escultor Asorey e a do arquitecto Antonio Palacios.

O curso será impartido pola directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro e por Felipe-Senén. Estará abertora a todo aquel que desexe participar en horario de 20.00 a 21.00 horas.

Curso Como se Visita un Museo 2024
0.18531823158264