O espazo de Portas Ártabras abordará una conferencia sobre a singularidade da cultura castreña

O vindeiro xoves 20 de febreiro, ás 20.00 horas, terá lugar no espazo de Portas Ártabras, unha conferencia titulada 'A singularidade da cultura castrexa: Celtas e galaicos', impartida polo arqueólogo Tito Concheiro Coello.
Nesta conferencia, Concheiro abordará un dos temas máis debatidos na arqueoloxía galega: a identificación dos castros prerromanos cos celtas. O arqueólogo profundará nos asentamentos castrexos, na ourivería, torques, arracadas e outros artefactos que ilustran as costumbres desta cultura, e que, segundo as investigacións, presentan paralelismos cos “hillforts” británicos.
A conferencia tamén afondará na relación desta cultura co movemento galeguista dos anos modernistas e o afianzamento da identidade no Panceltismo. A entrada á conferencia será libre ata completar aforo.