O espazo de Amigos dos Museos de Galicia acolle este xoves unha conferencia sobre o ciclo escultórico de David e Betsabé na Catedral de Santiago

Este xoves 8 de agosto, ás 20.00 horas, terá lugar en Portas Ártabras, o espazo cultural da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, unha conferencia a cargo de Alfredo Erias Martínez, historiador e presidente da Fundación Luis Monteagudo. O tema da disertación será “O ciclo escultórico de David e Betsabé na Catedral de Santiago”.
Nesta conferencia, Erias Martínez explorará as relacións artísticas entre Compostela e Tolouse, proporcionando unha visión profunda e detallada sobre as esculturas de David e Betsabé na catedral compostelá. A entrada é libre ata completar aforo.