O espazo de Amigos dos Museos de Galicia acolle este venres a presentación de 'Los orígenes gaélicos de Tartessos'

ACoruñaXa
A obra de Javier Mareas propón unha nova perspectiva sobre a orixe do primeiro reino mitolóxico peninsular
losorigenesgaelicosdetartesso
12 Dec 2024

O espazo cultural Portas Ártabras, promovido por Amigos dos Museos de Galicia e situado na rúa Sinagoga 22 da Coruña, será o escenario da presentación do libro 'Los orígenes gaélicos de Tartessos'. O acto terá lugar este venres, 13 de xaneiro, ás 20:00 horas.

A presentación contará coa participación do autor, Javier Mareas, pintor e escritor, xunto co arqueólogo e escritor Felipe Senén e o polifacético Xurxo Souto, cantante, escritor, actor e director.

Na súa obra, Mareas desafía as teorías tradicionais sobre a orixe de Tartessos, o primeiro reino mitolóxico peninsular. Ata agora, a súa formación explicábase pola interacción entre a cultura fenicia, chegada de oriente, e as tradicións locais do occidente peninsular. Porén, este libro propón unha conexión con pobos gaélicos, abrindo novas perspectivas e alimentando o debate histórico.

Portas Ártabras reafirma así o seu papel como espazo clave para a difusión cultural, fomentando o coñecemento das raíces históricas e culturais da península ibérica.

⚙ Configurar cookies
0.50569081306458