O equipo móbil do DNIe desprazarase a Betanzos para facilitar a renovación do documento

O equipo móbil de expedición do DNIe desprazarase a Betanzos os días 5, 6, 7 e 8 de maio de 2025 co obxectivo de facilitar a renovación do documento de identidade. O servizo estará dispoñible en horario de 09.00 a 12.00 horas.
As persoas interesadas poderán realizar a solicitude de cita no Concello de Betanzos. O número máximo de solicitudes por día será de 40, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes. Para iso, será necesario facilitar o nome, apelidos, número de DNI e teléfono de contacto.
É importante ter en conta que as datas do servizo poderían verse alteradas por cuestións operativas. No caso de que isto suceda, comunicarase con antelación.