O equipo de Rally arteixán de Roberto Blach Jr. inicia en Suecia o asalto ao FIA Junior WRC
O equipo arteixán de Roberto Blach Jr. e Mauro Barreiro subiranse esta fin de semana ao Ford Festa Rally3 Evo para disputar a primeira das cinco citas que compoñerán o FIA Junior WRC esta tempada e onde o equipo galego espera pelexar xa polos postos de honra de fronte ao título mundialista.
A cita sueca volverá poñer a proba a adaptación das novas promesas do automobilismo mundial á condución sobre neve, polo que a experiencia acumulada a pasada tempada, así como a adquirida fai apenas quince días no Artic Lapland Rally será fundamental. Na devandita cita, o equipo non tivo a sorte de fronte, sufrindo diversas incidencias mecánicas que acabaron forzando un abandono temperán.
Roberto Blach Jr. mostrábase ilusionado ante o arranque dunha nova tempada no máximo certame de rallies: "Chegamos moito mellor preparados que a pasada tempada, na que non competiramos nunca sobre neve, agora xa coñecemos mellor as reaccións do vehículo e como afrontar a pilotaxe sobre esta superficie".
O deportista afirma ter confianza en poder sumar un bo resultado, que lles axude a sumar un bo botín de puntos para tentar pelexar desde as seguintes carreiras polo liderado do FIA Junior WRC. "Esta tempada imos tentar estar entre os favoritos ao título e iso pasa por competir de forma intelixente, sabendo cando podemos arriscar e cando se debe conservar, xa que cada punto é importante.”, concluiu.
Horario do Rally de Suecia
Horario | Tramo | Km |
Jueves, 15 de febrero de 2024 | ||
19:05h | TC1: Umea Sprint | 5,16 Km. |
Viernes, 16 de febrero de 2024 | ||
08:58h – 14:36h | TC2/5: #42 Brattby | 10,76 Km. |
09:52h – 15:30h | TC3/6: Norrby | 12,36 Km. |
10:55h – 16:33h | TC4/7: Floda | 28,25 Km. |
19:05h | TC8: Umea Sprint | 5,16 Km. |
Horario | Tramo | Km |
Sábado, 17 de febrero de 2024 | ||
07:45h – 14:15h | TC9/12: Vännäs | 15,65 Km. |
08:23h – 15:05h | TC10/13: Sarsjöliden | 14,23 Km. |
10:08h – 16:38h | TC11/14: Bygdsiljum | 28,06 Km. |
19:05h | TC15: Umea | 10,08 Km. |
Domingo, 18 de febrero de 2024 | ||
07:27h – 10:03h | TC16/17: Västervik | 25,50 Km. |
12:15h | TC18: Umea | 10,08 Km. |
Total kilómetros cronometrados: 300,10 Km. |