O Entroido Infantil en Vilaboa encheu Culleredo de obradoiros, xogos e animación

ACoruñaXa
A festa continúa hoxe domingo, 15 de febreiro, nos centros sociais de Celas, Castro Laxe e Sueiro
CULLEREDO entroido 2026
15 Feb 2026

oda a familia gozou este sábado, 14 de febreiro, do Entroido Infantil organizado polo Concello de Culleredo en Vilaboa. A cita reuniu a numerosos nenos e nenas nunha tarde de xogos, música, talleres e moita animación, nunha proposta deseñada para celebrar estas datas cun formato participativo e pensado para o público máis novo.

O encontro desenvolveuse no pavillón polideportivo do CEIP Sofía Casanova, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Ademais das actividades e dos obradoiros creativos, a xornada incluíu elementos de lecer como xogos xigantes e espazos de ambientación para o público infantil.

A programación do Entroido municipal continúa hoxe domingo, 15 de febreiro, tamén de 17.00 a 20.00 horas, con actividades nos centros sociais de Celas, Castro Laxe e Sueiro. Neses espazos haberá animación infantil e obradoiros creativos, dentro do ciclo que leva a festa ás parroquias e pon o foco no rural do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.081834077835083