O Entroido en Culleredo enche febreiro de festas nos centros sociais e propostas para todas as idades

Culleredo xa ten en marcha a súa programación de Entroido, cun calendario que combina celebracións nos centros sociais, festas para familias, actividades específicas para a infancia e a xente maior e a tradicional romaría de San Blas de Veiga.
A festa infantil celebrarase o sábado 14 de febreiro, de 17.00 a 20.00 horas, no pavillón polideportivo do CEIP P. Sofía Casanova (Vilaboa). O Concello anuncia xogos xigantes, animación, obradoiros creativos, photocall, glitter bar e merendas con flocos de millo, chocolate e algodón de azucre.
A animación chegará tamén aos centros sociais con sesións de 17.00 a 20.00 horas. O domingo 15 de febreiro será a quenda de Castro Laxe, Celas e Sueiro; o luns 16, do Centro Cívico Virginia Blanco de Fonteculler; o martes 17, do Centro Cultural O Noso Lar (Tarrío), o Centro Cívico de Sésamo e o Centro Social de Ledoño; o mércores 18, do Centro Cívico Castelo; e o sábado 21, do Centro Cultural de Almeiras.
A programación complétase cun obradoiro de Entroido o mércores 18 de febreiro, de 17.00 a 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Miguel González Garcés, con inscrición previa a partir dos 7 anos.
Ademais, o luns 16 de febreiro celebrarase a romaría de San Blas de Veiga desde as 12.30 horas, con misa e procesión, desfile de comparsas, premios aos mellores choqueiros e testamento, gran xantar popular e a actuación da Orquestra Fania Blanco Show.
Para a veciñanza maior, o Entroido de maiores terá lugar o venres 28 de febreiro, de 17.00 a 20.30 horas, no Polideportivo Ría do Burgo.