O Entroido de Nós en Oleiros regresará o 17 de febreiro con música, disfraces e degustación de doces tradicionais

ACoruñaXa
A Praza da Liberdade acollerá desde as 17.00 horas animación infantil, desfile de disfraces e a actuación do dúo 'Alba y Selu', ademais do sorteo dun lote de Entroido
Desfile-Disfraces-Entroido-2024-oleiros
24 Jan 2026

A parroquia de Nós (Oleiros) xa quenta motores para celebrar o seu Entroido 2026 cunha xornada festiva prevista para o martes 17 de febreiro. A programación desenvolverase na Praza da Liberdade, na contorna da pista polideportiva da Casa do Pobo, cunha tarde pensada para público familiar e para quen queira sumarse coa súa mellor caracterización.

As actividades comezarán ás 17.00 horas con animación infantil e, unha hora despois, ás 18.00 horas, chegará o desfile de disfraces. O peche musical da tarde será ás 18.30 horas coa actuación do dúo 'Alba y Selu', que repite por segundo ano consecutivo nesta celebración.

A cita incluirá tamén unha degustación de produtos tradicionais de Entroido, con filloas, rosquillas e orellas (de balde para as persoas socias ao corrente de pago). Ademais, a organización sorteará un lote de Entroido entre as persoas participantes.

O evento está promovido pola Asociación Veciñal Os Rueiros, coa colaboración do Concello de Oleiros e da Deputación da Coruña.

ENTROIDO nos
⚙ Configurar cookies
0.079893827438354