O Entroido de Dexo volve con festa infantil, laconada e baile de disfraces na Casa do Pobo

ACoruñaXa
A programación arrinca o martes 17, ás 17.30 horas, e continuará o sábado 21 con xantar popular, actuación da comparsa 'Os Parados' e música co 'Dúo Sonidos'
OLEIROS entroido dexo
15 Feb 2026

O Entroido regresa á parroquia de Dexo cun programa pensado para xuntar cativada e persoas adultas arredor da Casa do Pobo. A primeira cita será o martes 17 de febreiro, a partir das 17.30 horas, cunha festa infantil que contará cun grupo de animación para nenas e nenos.

A celebración prolongarase ata o sábado 21 de febreiro, cando está prevista unha laconada ás 14.30 horas. A organización lembra que o aforo é limitado e que cómpre anotarse ata o 16 de febreiro (ou ata completar prazas), chamando ou escribindo por WhatsApp ao 677 463 493.

Xa pola tarde noite, o Entroido de Dexo continuará coa festa de disfraces. A partir das 19.30 horas actuará a comparsa 'Os Parados' e, ás 21.00 horas, haberá baile coa animación do 'Dúo Sonidos'. Ademais, prevese o sorteo dunha cesta de Entroido, no que entrarán as persoas que acudan disfrazadas.

⚙ Configurar cookies
0.078337907791138