O Entroido de Cesuras quenta motores cun gran cocido en Monte-Medela

ACoruñaXa
A Comisión de Festas de Bragade organiza un xantar o sábado 7 de febreiro desde as 13.00 horas, con sesión vermú, tardeo con Aixa Romay e ambiente de disfraces
cocido xenérica
23 Jan 2026

Cesuras xa mira ao Entroido cunha proposta para xuntar mesa e festa. A Comisión de Festas de Bragade impulsa para o sábado 7 de febreiro un 'Gran Cocido' no local de Monte-Medela (Cesuras), a partir das 13.00 horas, cunha xornada pensada para gozar en grupo, con baile, disfraces e sorpresas.

O menú inclúe cocido galego, sobremesa, café e bebida. A organización fixou un prezo de 28 euros para persoas adultas e de 15 euros para menores (ata 12 anos), mentres que os nenos e nenas de menos de 5 anos poderán asistir de balde.

As reservas poderán realizarse ata o 3 de febreiro a través dos teléfonos 686 889 790, 686 888 518, 629 757 639 e 666 665 403, ademais de contactar directamente cos membros da comisión. A xornada completarase cunha sesión vermú e un tardeo amenizado por Aixa Romay, e a comisión anima a asistir disfrazados para darlle máis cor ao encontro.

CARTEL cocido cesuras
⚙ Configurar cookies
0.084264039993286