O Entroido 2026 en Coirós celebrarase na Cortella con inchables, concursos e música en directo

O Concello de Coirós está a ultimar a celebración do Entroido 2026, prevista para o martes 17 de febreiro no polideportivo municipal da Cortella. A festa desenvolverase de 17.00 a 20.00 h e incluirá propostas para todas as idades, combinando animación, concursos e música en directo.
Para a rapazada haberá inchables, concurso de disfraces e unha merenda con chocolate e churros. No caso das persoas adultas, o programa contempla un baile amenizado por un grupo musical e un concurso de disfraces.
A xornada completarase cun certame de sobremesas tradicionais do Entroido, con premios en metálico para as mellores elaboracións. Desde o Concello animan á veciñanza a participar e a achegarse disfrazada para gozar dunha tarde de festa no municipio.