O EMHU suma novos nomes e reforza a súa aposta pola improvisación e as estreas

O Encontro Mundial de Humorismo completou a programación da súa sexta edición, que se celebrará na Coruña do 23 de abril ao 3 de maio cun cartel que inclúe case unha vintena de espectáculos e un amplo abano de actividades paralelas. A alcaldesa, Inés Rey, presentou as novidades xunto ao director do evento, Luis Piedrahita, nun acto no Palacio Municipal de María Pita.
Entre as novas incorporacións figuran Malena Alterio, Facu Díaz, Ignatius Farray, Laura Márquez, David Perdomo, Jöns Pappila e A Escola de Impro da Coruña, nunha edición que volverá combinar grandes nomes da comedia con propostas de creación propia e formatos participativos.
Entre os anuncios destacados está a recuperación da gala 'Animus Iocandi', prevista para o sábado 25 ás 12.30 horas con Ignatius Farray, Laura Márquez e David Perdomo. Esa mesma noite, ás 21.00 horas, Facu Díaz presentará na cidade o seu novo espectáculo, 'Esto no es culpa de nadie'.
O programa paralel tamén incluirá conversas abertas ao público, a gravación dun podcast, un obradoiro de clown con Jöns Pappila, unha exposición fotográfica en Afundación e propostas para público infantil. Con esta nova edición, o EMHU reforza a súa posición como unha das grandes citas culturais da primavera