O Dúo Matices animará o baile para maiores deste sábado na Casa do Pobo de Iñás

ACoruñaXa
O Concello de Oleiros continúa co programa rotatorio de festas de tarde para persoas maiores de 65 anos, cun baile de acceso libre este sábado 13, de 17.00 a 20.00 horas
A CORUÑA bailes
12 Dec 2025

O Concello de Oleiros prosigue co seu programa de bailes para persoas maiores, que se organiza de forma rotatoria polas distintas Casas do pobo do municipio. A próxima cita será este sábado día 13 na Casa do Pobo de Iñás, onde veciños e veciñas maiores de 65 anos poderán gozar dunha tarde de música e baile.

A xornada comezará ás 17.00 horas e prolongarase ata as 20.00 horas, coa actuación en directo do Dúo Matices, que se encargará de poñer banda sonora ao encontro con temas pensados para todos os gustos.

A actividade está dirixida ás persoas maiores residentes en Oleiros e o acceso será totalmente libre e gratuíto, sen necesidade de realizar ningunha inscrición previa.

Coa posta en marcha destes bailes de tarde, o Concello pretende ampliar as oportunidades de lecer, favorecer a convivencia entre a veciñanza de máis idade e combater situacións de soidade non desexada, creando espazos de encontro e socialización nos diferentes núcleos do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.076927900314331