O ‘Domingos de baile’ volve a Ordes co Dúo Marineda no ximnasio de Campomaior
ACoruñaXa
A sesión celebrarase o domingo 28 de decembro ás 19.00 horas dentro da programación municipal de lecer

23 Dec 2025
O Concello de Ordes anuncia unha nova cita do ciclo ‘Domingos de baile’, que terá lugar o domingo 28 de decembro no ximnasio de Campomaior. A xornada comezará ás 19.00 horas e contará coa actuación do Dúo Marineda, encargado de poñer música en directo á tarde.
A proposta enmárcase nas actividades impulsadas polo Concello para favorecer espazos de encontro e convivencia, cun formato pensado para gozar do baile en ambiente festivo durante as datas de Nadal.