O domingo 2 de xuño terá lugar a Ruta BTT de Oza-Cesuras

ACoruñaXa
Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o luns 27 de maio
Imaxe dun ciclista durante unha edición anterior da Ruta BTT da Deputación da Coruña
22 Maio 2024

O domingo 2 de xuño terá lugar a oitava edición da Ruta BTT en bicicleta no Concello de Oza-Cesuras.

Nesta edición, a competición comezará ás 9.30 horas e a carreira terá unha duración aproximada de 40 km.

Participar na proba terá un custo de 18 euros, para persoas federadas, no que se inclúe sorteos, pinchos, duchas, lavado de bicis e bolsas de corredor. As persoas non federadas deberán pagar 23 euros.

As categorías que se permiten na proba son as seguintes: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Élite UCI, Élite Fem., Élite, Cicloturismo, Cadete Fem., Cadete.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o luns 27 de maio a través da seguinte ligazón.

 

 

doc_6634fc15e9fc49.31319309_cartel
0.12767505645752