O Día da Muller Rural 2024 celébrase este domingo en Culleredo
Este domingo 20 de outubro, a partir das 13:00 horas, o parque da Torre de Celas acollerá o Día da Muller Rural 2024, un evento organizado polo Concello de Culleredo coa colaboración da Asociación As Berenguelas. A xornada comezará co saúdo e a presentación oficial do programa de actividades, dando paso a un día cheo de música, cultura e tradición.
O evento contará con actuacións musicais de grupos locais como Pan sen fron, Ancoradoira, Batuxeiros, Xilbardas, Larpeiros de Altamira, Son da terriña e As muxicas de Orro. Ademais, poderase gozar do espectáculo de narración oral "O pozo das señoras" a cargo de Vero Rilo e da tradicional comida, que dará comezo ás 15:00 horas.
Ao longo de todo o día, os asistentes poderán visitar un mercado de artesanía e produtos ecolóxicos, onde se promoverán os produtos locais e o traballo artesanal.