O Desfile Cerimonia regresa a Betanzos este sábado coa súa IV edición

ACoruñaXa
O evento, con entrada de balde, celebrarase no Cine Teatro Alfonsetti a partir das 17.30 horas e reunirá a comercio local, perruquerías, escolas de baile e profesionais da imaxe
BETANZOS cine alfonseti
27 Nov 2025

Betanzos prepárase para vivir este sábado 29 de novembro unha nova cita co mundo da moda e dos eventos. O Desfile Cerimonia chega á súa cuarta edición no Cine Teatro Alfonsetti, onde a partir das 17.30 horas o público poderá coñecer propostas de peiteado, estética, fotografía, música e baile pensadas para vodas, comuñóns e outras celebracións especiais.

No desfile participarán distintos establecementos e profesionais da cidade, como Bea y Cris Peluquería, Cuore Novia y Fiesta, Discomovil Sebas 21, a Escola de Baile Salsanova, Flores Dans, José Lagares Fotografía, La Pelu de Nana, SV Estética e Xomakids. Ao longo da tarde presentarán ideas de estilismo, maquillaxe, ramos de flores, ambientación musical e animación infantil, entre outros servizos.

O acceso ao Desfile Cerimonia será gratuíto ata completar aforo, co obxectivo de achegar estas propostas tanto ás familias que están a preparar unha celebración como ao público que simplemente queira gozar dun espectáculo de pasarela no corazón de Betanzos. O Concello colabora nesta iniciativa, que busca tamén poñer en valor o tecido comercial e profesional local ligado ao sector das cerimonias.

BETANZOS desfile
⚙ Configurar cookies
0.074051141738892