O deporte e a solidariedade únense en Cambre para visibilizar o cancro de mama triplo negativo

O Concello de Cambre converteuse nun escenario de solidariedade e compromiso coa loita contra o cancro de mama triplo negativo. A andaina solidaria organizada pola Asociación Las Triples reuniu a numerosas persoas co obxectivo de recadar fondos para a investigación desta enfermidade.
Desde o Concello queren expresar o seu profundo agradecemento a todas as persoas que participaron nesta iniciativa, demostrando unha vez máis o gran espírito solidario da cidadanía cambrense.
Así mesmo, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre e Autoservicio Vila de Cambre tamén recibiron un recoñecemento especial polo seu apoio e colaboración, que foron fundamentais para o desenvolvemento desta actividade.
Esta andaina non só serviu para recadar fondos, senón tamén para sensibilizar á poboación sobre a importancia da investigación e do apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade, promovendo ao mesmo tempo hábitos de vida saudables a través do deporte.