O Dépor volve á Segunda División

O Deportivo da Coruña acadou o ansiado ascenso á Segunda División de fútbol español este domingo 12 de maio. O gol de Lucas Pérez serviulle ao conxunto coruñés como pase directo para facerse co título de campións da Primeira Federación.
Tanto o Deportivo como o Barcelona B xogábanse moito neste encontro, xa que ambos ocupaban os postos superiores da táboa, pero non foi ata o minuto 57 cando o gol do rapaz do barrio de Monelos ilusionaba ao deportivismo.