O Dépor presenta as súas novas equipacións 2025/2026 en Marineda City

ACoruñaXa
O mércores 24 de setembro, ás 19.00, xogadores e xogadoras do Dépor, Dépor ABANCA, Cantera e Dépor Genuine amosarán a colección Kappa e compartirán cos afeccionados unha tarde con sorpresas e premios
A CORUÑA equipacion depor 25-26
23 Sep 2025

O Real Club Deportivo converterá Marineda City no seu escenario para descubrir as camisolas e liñas de paseo da tempada 2025/2026. O acto, que se celebrará na planta 2 do centro comercial, reunirá futbolistas de todas as seccións do club, reforzando a idea de familia deportivista e o peso da base, do fútbol feminino e do proxecto inclusivo Dépor Genuine.

O público poderá coñecer de preto a caras do primeiro equipo e do Dépor ABANCA como Mario Soriano, Mulattieri, Stoichkov, Lucas Noubi, Luismi Cruz, José Gragera, Miguel Loureiro, Quagliata, Bachmann, Merle Barth, Espe Pizarro, Colette Cavanagh, Marisa García, Olaya, Inês Pereira e Marina Artero, entre outras. Ademais, sortearanse premios oficiais do club, como camisolas e balóns asinados, xunto con abonos para a tempada 2025/2026. A cita completarase cunha exhibición de freestyle de Gallos do Norte para poñer ritmo a unha tarde pensada por e para o deportivismo.

⚙ Configurar cookies
0.093334197998047