O Dépor e o Dépor ABANCA reinan no Teresa Herrera 2025

ACoruñaXa
A 80ª edición do histórico torneo celebrou unha xornada completa de fútbol en Riazor, con triunfos masculinos e femininos, e co Mini Teresa Herrera como aperitivo matinal
A CORUNA ganadoras Teresa Herrera
11 Aug 2025

O estadio municipal de Riazor acolleu este sábado unha xornada de fútbol para a historia, coa disputa das finais do Trofeo Teresa Herrera nas súas versións masculina e feminina. O Dépor ABANCA abriu a tarde ás 17.00 horas cun sólido triunfo por 2-0 fronte ao Braga, conquistando así a XIII edición do certame feminino.

Pouco despois, ás 20.00 horas, foi a quenda do primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo, que repetiu marcador (2-0) ante o Le Havre, erguendo por oitenta vez o prestixioso trofeo, considerado o torneo amigable máis antigo do mundo.

A xornada comezara pola mañá coa 28ª edición do Mini Teresa Herrera, na que o Deportivo e o Calasanz se proclamaron campións nas categorías benxamín e prebenxamín, respectivamente.

Antes dos encontros da tarde, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no Palacio de María Pita ás delegacións participantes nun acto institucional no que puxo en valor “o prestixio internacional dun torneo que simboliza a historia, a igualdade e os valores deportivos que definen á nosa cidade”.

⚙ Configurar cookies
0.53729200363159