O Curso de defensa persoal feminina en Sada abre inscricións para o 2 de novembro

ACoruñaXa
A formación é gratuíta e está dirixida a mulleres no Local Social de Riobao dentro da programación do 25N
SADA curso defensa personal
8 Oct 2025

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Sada organiza un curso de defensa persoal feminina que se celebrará o domingo 2 de novembro no Local Social de Riobao. A actividade insírese no marco do Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero, e forma parte da programación do 25N.

Trátase dunha proposta práctica e accesible pensada para ofrecer ferramentas reais de autoprotección ante situacións de risco, combinando técnicas física básicas, estratexias de prevención e recursos psicoemocionais. O curso será impartido por monitorado/a especializado en defensa persoal e adaptado a participantes sen necesidade de condición física previa.

A formación desenvolverase en dous grupos: quenda de mañá de 10.00 a 14.00 horas e quenda de tarde de 16.00 a 20.00 horas. Está aberta a mulleres de 16 anos en diante; as menores de 18 anos deberán presentar autorización do pai, nai ou titor legal.

A actividade é gratuíta pero as prazas son limitadas; o Concello establece prioridade para as persoas empadroadas en Sada. Para inscribirse cómpre enviar nome e apelidos ao correo electrónico plan.igualdade.sada@gmail.com. O curso pretende non só ensinar técnicas, senón tamén impulsar a confianza persoal e promover redes de apoio locais.

⚙ Configurar cookies
0.071646928787231