O cullerdense Bruno Calvo acada un novo éxito no Campeonato de España Júnior de Judo

ACoruñaXa
O judoca asistirá a unha concentración coa Selección española júnior en Pamplona
judo-cull
31 Mar 2025

Bruno Calvo, deportista do Judo Club Culleredo, finalizou terceiro na Fase Final do Campeonato de España Júnior de Judo, celebrado en Pamplona este pasado fin de semana. O natural de Vilaboa continúa sen baixarse do podio nesta tempada, conseguindo outro bo resultado na categoría -81 kg.

Calvo, que viña de proclamarse campeón galego da súa categoría o pasado mes de febreiro, só cedeu nas semifinais ante o extremeño Iñaki Baztán, actual campeón de España na categoría Senior, quen finalmente se levou o ouro nesta competición.

Tras este gran resultado, o cullerdense permanecerá uns días na capital navarra, onde asistirá a unha concentración coa Selección española júnior ata o próximo 3 de abril. Esta convocatoria reúnese para varias sesións de adestramento, na que foron citados os mellores de cada peso a nivel nacional, proporcionando ao judoca a oportunidade de practicar e elevar o seu nivel.

A primeira tenente de alcalde e concejala de Deportes, Cristina Pardo, felicitou ao deportista en nome do Concello polo seu gran desempeño e polo chamado ao equipo nacional, destacando que “a súa gran tempada e os seus éxitos son un orgullo para Culleredo, así como a recompensa a todo o traballo realizado”.

⚙ Configurar cookies
0.42771100997925