O CRA de Culleredo abre as portas ás familias: visitas con cita previa entre o 27 de xaneiro e o 12 de febreiro

ACoruñaXa
O centro, integrado por catro escolas de infantil, organiza xornadas para amosar o seu proxecto educativo e as instalacións, cun modelo de proximidade e atención personalizada
CULLEREDO escolas
28 Jan 2026

Os Colexios Rurais Agrupados (CRA) de Culleredo poñen en marcha novas xornadas de portas abertas para que as familias interesadas poidan coñecer de primeira man os centros e o proxecto pedagóxico. A proposta baséase en visitas individualizadas e con cita previa, previstas entre o 27 de xaneiro e o 12 de febreiro.

O CRA de Culleredo é un centro público de Educación Infantil (3 a 6 anos) formado por catro escolas no municipio, cunha estrutura pensada para grupos reducidos e unha relación moi directa coa contorna. A súa rede inclúe A Choeira (con dúas unidades), Ledoño, Sésamo e Vinseira.

Para participar nas visitas, as familias deben solicitar cita a través do correo electrónico cra.culleredo@edu.xunta.gal ou chamando ao 981 66 20 94.

⚙ Configurar cookies
0.084257125854492