O CPI Castro Baxoi promove unha Semana da Saúde e do Deporte con formación en primeiros auxilios

ACoruñaXa
Do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro, o centro de Miño impartirá sesións adaptadas a todas as idades e celebrará a III Milla pola Paz
MIÑO semana saude
14 Jan 2026

O CPI Castro Baxoi (Miño) pon en marcha, do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro, a súa Semana da Saúde e do Deporte, unha iniciativa centrada no benestar e na prevención baixo o lema ‘Coidarnos XUNTOS’.

O programa inclúe formación en primeiros auxilios para alumnado e comunidade educativa, da man de TESFORM, entidade especializada en capacitación sanitaria e no uso de desfibriladores. Entre os contidos previstos figuran hábitos de saúde ligados á práctica deportiva, como pedir axuda ante unha emerxencia, prevención de atrancamentos e RCP (reanimación cardiopulmonar).

A programación completarase coa III Milla pola Paz, unha actividade simbólica que suma deporte e valores comunitarios e que o centro vén impulsando nos últimos anos arredor do Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

A Semana da Saúde e do Deporte está organizada polo Colexio Público Integrado Castro Baxoi, coa colaboración da ANPA Castro Baxoi e do Concello de Miño, e conta con subvención da Deputación da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.10096311569214