O Conservatorio de Música de Culleredo porá banda sonora ao acendido das luces de Nadal de Coruña The Style Outlets

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo será o gran protagonista do acendido das luces de Nadal de Coruña The Style Outlets, previsto para este venres 14 de novembro a partir das 18.00 horas. O acto servirá para inaugurar oficialmente a tempada navideña neste complexo comercial situado xunto ao aeroporto de Alvedro, en Culleredo, que cada ano adianta o seu alumado para encher de ambiente festivo a área metropolitana coruñesa.
A orquestra e o coro de grao profesional do Conservatorio de Culleredo ofrecerán un concerto especial deseñado para esta ocasión, cun repertorio navideño e popular destinado a acompañar o momento no que se prenderán as luces decorativas do centro. A proposta combinará pezas clásicas con temas propios destas datas, co obxectivo de crear unha atmosfera máxica para o público asistente.
O acceso ao evento será totalmente gratuíto, polo que se presenta como unha boa oportunidade para gozar da música en directo e coñecer o talento do alumnado do Conservatorio cullerdense, ao tempo que se vive un dos primeiros actos de Nadal do ano na comarca. Desde a organización destacan que se trata dun plan pensado para toda a familia, no que compras, lecer e cultura irán da man arredor do acendido do alumado festivo.