O Consello do Estudantado da UDC convoca un paro académico total o mércores 12 en apoio á ETSAC

ACoruñaXa
A chamada víncula o peche dos servizos de reprografía no campus e insta ao alumnado a participar activamente
A CORUÑA etsac udc
10 Nov 2025

O Consello do Estudantado da Universidade da Coruña (UDC) anunciou un paro académico total o mércores 12 de novembro de 2025, en resposta á situación xerada polo peche dos servizos de reprografía e en respaldo da petición trasladada pola representación estudantil da ETSAC. A convocatoria foi difundida polos propios representantes nas súas canles e polos perfís do Consello.

Desde a ETSAC lembran que a falta de reprografía prolongouse no tempo e supuxo un prexuízo para o alumnado, especialmente nun centro cunha elevada carga de impresión de planos e proxectos. O malestar polo servizo tamén motivou que persoal de reprografía cuestionase publicamente a situación meses atrás.

A mobilización do 12N concretarase nunha concentración ás 12.00 horas diante do Reitorado da UDC. O estudantado reclama unha solución inmediata e operativa que garanta a prestación do servizo nos centros.

⚙ Configurar cookies
0.074533939361572