O congreso Degusta Coruña finaliza con éxito tras tres días de ruta pola provincia

ACoruñaXa
A primeira edición reuniu a expertos en gastronomía e patrimonio en seis concellos, con actividades que destacaron a sostibilidade e identidade territorial
Degusta Coruña
30 Out 2024

O congreso de turismo gastronómico Degusta A Coruña, organizado pola área de turismo da Deputación, culminou hoxe tras tres intensos días de viaxe pola provincia. Esta primeira edición realizou paradas en seis concellos (Fene, Betanzos, Padrón, Boiro, A Coruña e Carballo), onde se desenvolveron 20 actividades nas que participaron 35 relatores de diferentes ámbitos do sector gastronómico, turístico, educativo e comunicativo.

A innovadora proposta de “pisar territorio” foi un dos puntos fortes deste congreso, destacando visitas a espazos como a confraría de Barallobre, para coñecer de preto os seus mariscos, e as pesqueiras do río Ulla, onde se explorou a pesca sostible da lamprea. Outros momentos destacados foron a visita ao antigo matadoiro de Betanzos e ao Pazo de Goiáns, escenario de charlas sobre a tradición vitivinícola da provincia e o seu impacto socioeconómico. Así o explicaba o deputado responsable, Regueira, quen salientou a importancia de “saír dos auditorios e vivir no terreo o porqué das prácticas sostibles e as historias persoais que conectan coa nosa gastronomía”.

As actividades foron tamén retransmitidas por streaming e quedaron dispoñibles a través da páxina web oficial do evento degustacoruna.gal, permitindo un acceso máis amplo ao contido. A valoración de relatores, asistentes e público xeral foi unánime, resaltando o congreso como “unha oportunidade única para coñecer e poñer en valor a gastronomía e o patrimonio cultural da provincia”. A Deputación xa se prepara para unha segunda edición, que buscará manter e ampliar a experiencia e o impacto positivo acadado neste ano.

0.18805289268494