O Concello publica a listaxe de admitidos nas bolsa de estudos en Estados Unidos
O Concello da Coruña publicou este venres 23 de febreiro, a listaxe definitiva dos 40 estudantes de 4º da ESO que poderán gozar o curso que vén dunha bolsa de estudos en Estados Unidos dentro do programa 'A Coruña no mundo'.
Dende hoxe ábrese un prazo de cinco días hábiles, que abarcará desde o luns día 26 de febreiro ata o venres día 1 de marzo (ambos incluídos) para que as familias seleccionadas acepten a bolsa. Transcorrido devandito prazo sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncian á participación no programa.
Neste sentido,os mozos e mozas poderán cursar un ano escolar en Estados Unidos (de agosto de 2024 a xuño de 2025) en réxime de convivencia con familias, para perfeccionar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia de inmersión na cultura norteamericana.
Entre as novidades desta edición destaca un aumento da cantidade destinada a diñeiro de peto para os alumnos, e tamén de apoio aos gastos de preparación de viaxe para as familias que obteñan unha maior puntuación no criterio de situación económica familiar. Outra dos novidades é un mellor axuste ao concepto de familia nuclear para adaptarse ás novas realidades familiares.
Cómpre lembrar que o vindeiro martes 27 de febreiro, ás 18.30 horas, está prevista unha reunión coas familias das rapazas e rapaces seleccionados, co obxectivo de facilitarlles toda a información necesaria en relación ao programa. A reunión terá lugar no centro cívico dos Mallos.