O Concello organiza un taller de escritura coa Premio Nacional de Poesía, Yolanda Castaño

ACoruñaXa
O obradoiro, de carácter gratuíto, desenvólvese no marco do proxecto europeo 'Urban Travel Machines' e terá lugar entre os días 14 e 15 de marzo na DOMUS en horario de 18.00 a 20.30 horas
A Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño
29 Feb 2024

A Coruña acollerá un novo obradoiro de interpretación poética da man da Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño, coordinadora do programa que contará con outras voces destacadas da poesía en Galicia. A actividade organizada polo Concello da Coruña avanza así na programación cultural para todos os públicos, incluindo actividades formativas gratuítas en materia literaria.

O obradoiro, de carácter gratuíto, desenvólvese no marco do proxecto europeo 'Urban Travel Machines' e terá lugar entre os días 14 e 15 de marzo na DOMUS en horario de 18.00 a 20.30 horas. Conta cun total de 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade interesadas no mundo da poesía xa que se traballará o aspecto oral e interpretativo dos textos poéticos.

As persoas que desexen inscribirse no obradoiro deberán cumplimentar o formulario habilitado en liña a partir do mércores 6 de marzo ás 10.00 horas no seguinte enderezo web. As prazas serán adxudicadas por estrito orde de inscrición.

No referido ao programa, o xoves 14 de marzo celebrarase a benvida e presentación do obradoiro a cargo de Bibiana García, técnica dos Museos Científicos Coruñeses; e Philip Meersman, coordinador do proxecto 'Urban Travel Machines'. Logo seguiralle a ponencia ‘Introdución á interpretación poética e ao contexto inmersivo 360º’ con Marcos Pérez, director dos Museos Científicos; e a poeta Yolanda Castaño. A xornada rematará cunha sesión moderada pola poeta e astrónoma Estíbaliz Espinosa, sobre a experiencia poética nunha residencia creativa. A segunda e última xornada, venres 15, contará cunha aula de interpretación poética impartida pola poeta Silvia Penas e rematará cunha nova aula impartida pola tamén poeta María Lado.

 

 

0.19191980361938