O Concello inviste 80.000 euros na Cociña Económica da Coruña
Este xoves a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no palacio de María Pita co presidente da Cocina Económica, Jacinto Torres, o convenio nominativo polo que se renova o apoio do Concello ao financiamento dos gastos da veterana asociación benéfica. O importe do convenio é de 80.000 euros para este ano 2024.
"É un orgullo poder colaborar desde o Concello cunha entidade que vai cumprir en breve 140 anos de traballo en favor das persoas máis vulnerables da cidade", destacou Inés Rey, quen lembrou que a entidade coruñesa é o comedor social en activo e en funcionamento ininterrompido máis antigo de España.
A Cociña Económica realiza os 365 días do ano servizos de comedor e de entrega de comidas non só na súa sede senón tamén nos barrios do Castrillón, Birloque e Sacra Familia.Tamén ofrece servizos de aseo persoal e asistenciais nas súas sedes da rúa do Socorro e a rúa Cordelería.
Neste ano 2024, a Concellaría de Benestar Social mantén convenios nominativos por un importe de máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, os maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e o seu familiares.