O Concello e o Real Club Deportivo avanzan na candidatura de A Coruña como sede do Mundial 2030

ACoruñaXa
Ambas as partes volverán a reunirse no mes de setembro. O Concello remitiralles novamente o proxecto
Imaxe do Estadio de Riazor
18 Ago 2024

O Palacio Municipal de María Pita acolleu onte unha reunión clave entre o Concello de A Coruña e o Real Club Deportivo, na que se abordou o proxecto de remodelación do estadio de Riazor, co obxectivo de converter á cidade nunha das 11 sedes deportivas para o Mundial 2030, recentemente aprobadas pola FIFA e a RFEF.

A reunión, solicitada polo Deportivo, contou cun ambiente cordial e produtivo, no que ambas as partes estableceron a folla de ruta para os próximos meses. Representantes municipais, entre eles o voceiro do Goberno, José Manuel Lage, e os concelleiros Gonzalo Castro e Manuel Vázquez, compartiron con directivos do club branquiazul, incluíndo ao director corporativo Jan Wappler, o proxecto que busca cumprir cos requisitos esixidos pola FIFA.

O Concello comprometeuse a remitir novamente o proxecto ao Deportivo, en resposta aos recentes cambios na directiva do club, para que poidan revisalo antes de reunirse de novo en setembro. Durante este próximo encontro, o Deportivo presentará as súas suxerencias e achegas, co fin de colaborar activamente na candidatura de A Coruña como sede do Mundial 2030.

0.13298797607422