O Concello de Coirós retira varias árbores caídas pola borrasca Kirk

ACoruñaXa
Os operarios municipais tamén repararon en varios puntos o tendido da iluminación pública
retirada-de-arbores-en-coiros
9 Out 2024

O concello de Coirós traballa nestes momentos na retirada de varias árbores caídas sobre vías de propiedade municipal como consecuencia dos efectos do paso da borrasca Kirk .

Só un exemplar afectou o portalón de entrada dunha leira ao caer sobre el.

Os operarios municipais tamén repararon en varios puntos o tendido da iluminación pública afectada polos refachos de vento desta madrugada. Ata o momento o concello non ten información sobre outras incidencias.

0.18768811225891