O Concello de Vilasantar organiza un curso de defensa persoal para mulleres

ACoruñaXa
O obxectivo é que as asistentes adquiran maior seguridade e confianza para afrontar posibles ameazas
Defensa-mulleres-Vilasantar
7 Feb 2025

O Concello de Vilasantar ofrecerá os días 15 e 22 de febreiro un curso de defensa persoal feminina orientado a axudar ás mulleres a responder ante situacións violentas. A formación, que se desenvolverá no local social de Présaras en horario de 10.00 a 14.00 horas, está dirixida a mulleres a partir de 16 anos, requirindo autorización no caso das menores de idade.

O curso baséase no Método+Más, unha metodoloxía que non só ensina técnicas de autodefensa, senón que tamén proporciona ferramentas para recoñecer sinais de perigo e actuar de xeito preventivo. O obxectivo é que as asistentes adquiran maior seguridade e confianza para afrontar posibles ameazas no seu día a día.

A actividade é gratuíta e as persoas interesadas poden inscribirse ata o 13 de febreiro chamando ao 981 778 257.

0.14569401741028