O Concello de Vilasantar lembra o prazo para anotarse na recollida de obxectos voluminosos

ACoruñaXa
Desde o Goberno local transmiten que está prohibido tirar calquera tipo de residuo ao aire libre
recollida-vilasantar
28 Jul 2025

O Concello de Vilasantar lembra que o vindeiro martes remata o prazo para anotarse na recollida de obxectos voluminosos que terá lugar o día 31 de xullo. Todas as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 981 778 169.

Desde o Goberno local insisten na importancia de cumprir coas normas: "Está prohibido tirar calquera tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando se notificara ao Concello e se conte coa autorización deste", sinalan.

Para aqueles veciños que precisan depositar residuos noutras datas, o Concello pon a disposición o punto limpo, unha instalación destinada á correcta separación e reciclaxe de residuos de todo tipo. Esta iniciativa forma parte do compromiso do Concello de Vilasantar coa protección do medio ambiente e a mantemento da limpeza no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.21471190452576