O Concello de Vilasantar conta cun novo mural que reivindica o papel da muller rural

ACoruñaXa
A obra está realizada por Elvira Sánchez Barreiro e fai referencia ao incansable labor diario das mulleres do campo
mural-vilasantar
31 Mar 2025

O Concello de Vilasantar inaugurou un novo mural reivindicativo que representa o papel fundamental das mulleres no medio rural. A obra, realizada por Elvira Sánchez Barreiro, amosa unha muller cun sella, simbolizando a forza e a importancia das mulleres no campo, que sempre foron o piar das familias tanto no traballo como na casa.

Este mural é unha homenaxe á muller rural e á súa incansable labor diario, moitas veces invisible e silenciado. A creación da obra conta co apoio da Secretaría Xeral de Estadio e Igualdade contra a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade, que financiou a actividade.

A nova pintura mural é un símbolo máis do compromiso do Concello de Vilasantar co recoñecemento e a visibilización do traballo das mulleres no ámbito rural e na sociedade en xeral.

 

⚙ Configurar cookies
0.049741983413696