O Concello de Sada recibe a estudantes alemáns no marco dun intercambio educativo

ACoruñaXa
Un grupo de 15 alumnos do instituto Eichenschule de Scheessel convivirá con familias sadenses e asistirá a clases no IES Isaac Díaz Pardo
Imaxe dos alumnos de intercambio alemás en Sada
24 sep 2024

O alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de Educación, Rebeca Mouriño, deron a benvida esta mañá no Salón de Plenos a un grupo de 15 estudantes do instituto alemán Eichenschule, procedente da cidade de Scheessel, situada entre Hamburgo e Bremen. Durante os próximos días, os mozos e mozas alemáns convivirán con familias de acollida en Sada e asistirán a clases no IES Isaac Díaz Pardo, nunha nova edición do programa de intercambio educativo entre ambos centros.

Portela destacou os atractivos culturais e patrimoniais do municipio, mentres que Mouriño subliñou que, ademais das visitas programadas a lugares emblemáticos como a fábrica das Cerámicas do Castro, Santiago de Compostela e a cidade da Coruña, os estudantes participarán en actividades deportivas con clubes locais. Este intercambio, que ten continuidade na primavera coa viaxe dos alumnos sadenses a Alemaña, busca fomentar as competencias sociais, culturais e educativas dos participantes.

0.1830849647522