O Concello de Sada presenta un adianto do que será o seu Entroido 2025

ACoruñaXa
Xa quentan motores para unha festividade que se celebrará nos primeiros días de marzo
entroido-sada-24
29 Jan 2025

A Concellería de Cultura de Sada avanza a programación do Entroido 2025 na localidade, que se celebrará durante os primeiros días de marzo. A organización adianta algúns dos principais eventos e ofrecerán máis información e novas actividades que se engadirán ao programa.

A festa arrincará o sábado 1 de marzo, ás 17.00 horas, cunha Festa Infantil de Entroido, pensada para os máis pequenos, chea de diversión, música e sorpresas. O domingo 2 de marzo, o programa continúa ás 17.00 horas coa tradicional Festa da Filloa, un evento culinario para degustar as mellores filloas da comarca. Ás 18.30 horas, terá lugar un concerto a cargo de Amizades, que porá a nota musical á xornada.

A festividade o martes 4 de marzo contará cunha das citas máis esperadas, o Concorrido Concurso de Disfraces e Carrozas, que comezará ás 17.00 horas, para dar paso ás 21.00 horas ao Enterro da Sardiña, acto tradicional que pecha o ciclo de festexos e dá fin ao Entroido.

A Concellería de Cultura animou a todas as veciñas e veciños de Sada a participar nas actividades programadas, e confirmou que nos vindeiros días se desvelarán novas sorpresas e detalles do Entroido 2025.

 

0.14175915718079