O Concello de Sada organiza un curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais

ACoruñaXa
A proba de acceso realizarase o sábado 8 de marzo
sada-socorrismo
18 Feb 2025

As concellerías de Emprego e de Educación, Deportes e Xuventude programan un curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais no Concello de Sada, impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA).

Os destinatarios deben ter entre 18 e 30 anos, estar en posesión, como mínimo, do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente, e superar a proba práctica de acceso.

Establécese un mínimo de 7 e un máximo de 15 alumnos e alumnas, con preferencia para os empadroados. O Concello resérvase o dereito de non iniciar o curso se o 50 % dos solicitantes non son empadroados no Concello de Sada. No caso de haber máis solicitantes que prazas, terase en conta o resultado obtido na proba de acceso.

O curso terá unha duración de 120 horas. A proba de acceso realizarase o sábado 8 de marzo. As clases comezarán o 15 de marzo e finalizarán o 18 de maio, sendo necesario consultar días e horarios nas bases. Ao rematar a acción formativa co resultado de apto ou apta, os participantes recibirán un diploma acreditativo coa relación das horas e módulos cursados.

Para máis información e inscricións, os interesados poden visitar a web oficial do Concello: www.sada.gal.

0.17224097251892