O Concello de Sada inicia a renovación do firme en varias vías do casco urbano
ACoruñaXa
Durante a realización dos traballos será necesario realizar cortes e desvíos de tráfico

20 Feb 2025
O Concello de Sada, a través da Concellería de Obras e Servizos, deu inicio esta mañá aos traballos de renovación do firme en varias vías do casco urbano, continuando co plan de mellora que tamén se levou a cabo en diferentes parroquias nos últimos meses.
As vías que serán melloradas son a Avenida da Mariña (no tramo entre as rotondas), a Avenida da República Argentina e a rúa Betanzos. Os traballos consisten no fresado do firme actual e na súa reposición cunha nova capa de rodadura, co obxectivo de garantir un estado óptimo para a circulación.
Durante a realización dos traballos, será necesario realizar cortes e desvíos de tráfico, polo que o Concello solicita a comprensión dos veciños e veciñas afectadas.