O Concello de Sada estrena unha canle oficial de información en WhatsApp

O Concello de Sada pon en marcha unha nova canle de información en WhatsApp coa finalidade de facilitar o acceso da cidadanía a avisos, novidades e actividades do municipio de maneira rápida e directa.
A través desta canle, as persoas usuarias poderán estar ao día da axenda municipal, noticias, eventos e comunicacións de interese, simplemente premendo na ligazón habilitada ou escaneando o código QR que se difundirá nos perfís oficiais do Concello.
Desde o Goberno local lembran a importancia de activar as notificacións da canle para recibir en tempo real todos os avisos e información relevante de Sada, reforzando así a comunicación entre a administración e a veciñanza.
